Nace en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1958. Estudou Dereito en Santiago e foi redactor de El Correo Gallego, no semanario El Orzán e en El Ideal Gallego. Desde 1986 é redactor en La Voz de Galicia. Xunto co periodista Ramón Barrena gaña un certame de teatro coa obra Los Aparcacientos de Pacópolis, que se representó no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Ler maisNace o 15 de maio de 1973 na Piña (Sofán) Carballo- A Coruña, aínda que reside en Miño-A Coruña. Licenciado, con premio extraordinario, en Ciencias Químicas pola Universidade da Coruña en 1996. Obtén o Grao de licenciado en 1998 coa presentación e defensa da tesina titulada “Síntese diastereoselectiva de fluorofosfonoserina e fluorofosfonotreonina”.
Ler maisAutor, en colaboración de Xosé Álvarez Flórez, do libro de texto "Iniciación á electricidade e á electrónica" para alumnado de terceiro e cuarto curso da ensinanza secundaria obrigatoria.
Ler maisCientífico titular do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e director do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (CSIC). Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ler maisNaceu en Caldebarcos (Carnota) o 27 de febreiro de 1969, onde viviu coa súa avoa e as súas tías até os cinco anos, cando os seus pais, que volveran da emigración en Inglaterra, marchan a vivir á cidade da Coruña, onde reside desde entón.
Ler maisNace no concello de Xunqueira de Espadañedo (Ourense). É doutor en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid. Catedrático de Filosofía de Institutos en excedencia, é hoxe Catedrático de Filosofía de Escolas Universitarias, desempeñando docencia na Facultade de Ciencias da Educación e na de Filoloxía da Universidade de Santiago.
Ler maisAutora dunha unidade didáctica dedicada aos fungos e cogumelos que hai en Galicia. Esta unidade didáctica vai acompañada de diapositivas para unha mellor comprensión.
Ler maisDoutor en Filoloxía Románica Hispánica (Galego-Portugués) pola Universidade da Coruña, Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Barcelona e mestre pola Escola de Maxisterio de Ourense, desde 1977 é profesor do IES Lucus Augusti de Lugo.
Ler maisAutora de varios libros dedicados á Literatura Universal Contemporánea, que levan por título "As renovacións literarias", "As vangardas", "O movemento romántico", "O realismo" e "Simbolismo e modernismo".
Ler maisNace en Lugo. Licenciado en Filosofía en Santiago. Doutor en Filosofía cunha tese titulada ''El pensamiento antropológico y político de Georges Bataille''. Tese á que lle foi concedido un Premio Extraordinario de Doutoramento da Universidade de Santiago.
Ler maisNace na Pontenova en 1941. Licenciado en Teoloxía pola Universidade Gregoriana de Roma e doutor en Filosofía pola Universidade Complutense. Ampliou estudos como bolseiro nas Universidades de Múnic e de Bonn.
Ler maisRealiza en colaboración con Carmina del Río un proxecto que pretende motivar a lectura con debuxos e textos sinxelos, para fomentar unha serie de valores primordiais para a convivencia e a sociabilidade.
Ler maisAutor do libro de texto "Iniciación profesional marítima" para alumnado de terceiro e cuarto curso da ensinanza secundaria obrigatoria.
Ler maisNatural de Villadequinta (Carballeda de Valdeorras), Ourense. É doutor en Teoloxía pola Universidade de Munich, coa tese ''Die Trinitätslehre Karl Barths als dogmatisches Strukturprinzip'' onde é durante 8 anos “axudante de cátedra” (wissenschaftlicher Assistent) do Prof. Leo Scheffczyk.
Ler maisNace na Coruña en 1956. Desde 1989 exerce de Profesor Titular de Universidade de Filosofía Moral no Departamento de Lóxica e Filosofía Moral da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela.
Ler maisAutor dun libro de texto dedicado a alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO, "Obradoiro de matemáticas".
Ler maisPublica, en colaboración de Domingo Díaz Docampo, un libro divulgativo co título: "O abc da imaxe visual".
Ler maisNace en Vigo en 1977. Licenciado en Dereito pola Universidade de Vigo, no ano 2006 viuse obrigado a emigrar a Pamplona, onde aínda reside, alternando con estancias en Galicia. Realizou estudos de lingua inglesa e italiana. É un apaixoado da literatura e do cinema de xénero negro. Desde os tempos de estudante universitario está mergullado na creación literaria.
Ler maisAutora de dous libros de texto dedicados ao medio ambiente e a saúde. Un deles corresponde ao segundo ciclo da ESO e o outro a 2º Bach.
Ler maisNace o 12 de novembro de 1979 en Santiago de Compostela. É licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e, actualmente, é actriz e autora teatral.
Ler maisIlustra o libro de narrativa de Francisco Castiñeira Romar "Seica chove".
Ler maisNaceu en Ferrol, 1970. É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña (1993). Actualmente exerce como profesora de Lingua Castelá e Literatura no Ensino Secundario, traballando no presente ano académico no IES Castella Vetula (Medina de Pomar, Burgos).
Ler mais