Uxío Larvós (1976) naceu no Monte, ese territorio ubicuo do que son orixinarios, seica, todos os que habitan as periferias rurais de Vigo. De natural montesío, só deixou o reconfortante abeiro dos toxos e as xestas para emprender a súa particular conquista do pan. A exploración dese territorio desarborizado converteuno nun experto en precariedade laboral con grandes dotes para se converter no branco das iras de toda clase de camándulas con ínfulas de “persoa importante” (detrás da que se agocha, sen dúbida, a envexa que suscita a súa desbordante simpatía e esa axilidade natural coa que rube ás árbores e lisca polas ramas). Por aquilo de que o deixasen estar ao seu aire, deulle pola escrita e outros entretementos, o que o levou a gañar algúns premios de relato e o cabrito nun campionato comarcal de tute. A mona de Schrödinger é a primeira novela que publica. “Pobre daquel que sexa parco nas súas gabanzas” reza a maldición que pactou este tolo vingativo cunha meiga que se lle aparece polas noites na forma de curuxa.
Ler maisNace en Santiago de Compostela no ano 1978. Escritora e crítica teatral, é doutora en Filoloxía pola Universidade de Santiago e diplomada polo Institut d’Études Théâtrales da Université Paris III – Sorbonne Nouvelle. Desde 2007 é columnista no xornal La Voz de Galicia. Actualmente, é tamén profesora na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e membro da Sección de Xénero do Consello da Cultura Galega.
Ler maisMatemática de profesión, dirixe un centro de formación para universitarios en Compostela.
Recibiu diversos premios como o Díaz Jácome para novos creadores, o Manuel María de poesía, o premio de relato curto Antiguos Alumnos da USC, o premio de narración curta Concello de Marín, o Premio Ardeiro ou o Avelina Valladares.
Ler maisNada en Compostela, é experta en xénero, cooperación para o desenvolvemento e xestión cultural. Aos vinte anos marchou a Latinoamérica onde ten traballado para a cooperación galega, CIDEAL e a AECID, ademais de colaborar con organizacións de mulleres e os Festivais de Cine de Dereitos Humanos e de Cine Ambiental de Arxentina.
Ler maisLicenciada en Belas Artes en Taiwán (especialidade en pintura) e graduada en “La Llotja” de Barcelona (especialidade en litografía). Actualmente reside en Galicia, é fotógrafa e amante da natureza.
Ler maisCoruñés de nacemento, de formación e de veciñanza, é un prolífico autor, aínda que apenas ten obra publicada até o presente. O feito de escribir, simplemente, para íntimo lecer, é o motivo fundamental desta carencia de presenza pública do seu traballo literario.
Ler maisNace en Goiriz-Vilalba (Lugo). Estudiou latín e Humanidades e Filosofía no Seminario de Mondoñedo. Na Universidade Pontificia de Salamanca licenciouse en Teoloxía, Filosofía e Psicoloxía.
Ler maisNace en Vilaboa (Pontevedra), 1955. Actualmente exerce como traballador do ensino. Ten publicado o libro de relatos ''Algúns Outros'', ''Da Esfinxe'' e asemade participou no libro colectivo ''Muralla de Crescónio'' (1991).
Ler maisNace en Guitiriz (1954). Licenciouse en Bioloxía (1977) e en Filosofía (1984) pola Universidade de Santiago de Compostela. É doutor pola UNED (1999) cunha tese sobre ''Jürgen Habermas''.
Ler maisRealiza varios traballos sobre a micoloxía dos ecosistemas galegos, incluído unha guía que recolle as 556 especies máis habituais en Galicia.
Ler maisNace en Vigo en 1967. Doutora en Literatura Francesa pola Université de Rennes 2 – Haute Bretagne. Exerceu a docencia nesta mesma universidade e na de Santiago de Compostela; actualmente é profesora de lingua francesa no IES Xograr Afonso Gómez (Sarria).
Ler maisNace en Ponte Barxas (Ourense) en 1952, aínda que reside en Santiago de Compostela. Realizou estudios de Filoloxía Hispánica e Xornalismo e, actualmente, é Xefe de Prensa do Consorcio de Santiago.
Ler maisRealiza en colaboración con Carmina Del Río Galvé un proxecto que pretende motivar a lectura con debuxos e textos sinxelos, para fomentar unha serie de valores primordiais para a convivencia e a sociabilidade.
Ler maisNace en Zolle (Guntín), Lugo. Cursa os primeiros estudios no Seminario de Lugo e licénciase en Teoloxía e Filosofía na Universidade Pontificia de Salamanca. Doutor en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid (1987).
Ler maisNace na Coruña en 1966. É licenciada e doutora en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. O tema da súa tese foi ''O individuo na filosofía de Michel Foucault'' (1999).
Ler maisNaceu en 1956 nunha aldea de Zamora, San Ciprián de Hermisende, onde se fala galego. De familia labrega, estudou como bolseiro en Sevilla e Madrid. Xornalista de profesión, reside e traballa en Santiago de Compostela desde 1985
Ler maisAutora da primeira Guía xeral de liques editada no estado. Chéganse a determinar 84 xéneros e 317 especies, as máis representativas do noso país.
Ler maisNace no Carballiño, en 1948. Realiza os seus primeiros estudos no Carballiño e no Instituto de Ourense, onde se vincula como colaborador do Museo Arqueolóxico, dirixido entón por Xesús Ferro Couselo.
Ler maisPublica en colaboración con varios autores un libro dedicado á literatura universal contemporánea titulado: "O movemento romántico".
Ler maisNace en 1980 na Coruña e fai as primeiras letras na mesma cidade.En 2003 licenciouse en Historia da Arte pola USC. Na actualidade é profesor de Xeografía e Historia nun centro de ensino secundario de Salnés.
Ler maisNace en Ourense en 1976. Nun tempo ermo de palabras na era da comunicación deuse á música como á bebida. Hoxe recoñécese nas palabras da poeta Olga Novo.
Ler maisXavier Lama nace en Santa Euxea-Guntín (Lugo). Actualmente traballa na Televisión de Galicia e xerce durante trece anos como profesor na Universidade de Santiago.
Ler maisNacín en Cedeira (A Coruña) en 1969, na vivenda da oficina de Correos onde traballaba o meu pai. Ao mellor é por iso polo que aínda agora, cando xa poucas cartas se escriben, unha das pequenas ilusións do día é achegarme á caixa do correo para ver se recibín carta...
Ler mais