Martínez Oca, Xose Manuel

Fotografía. Eduardo Castro Bal

Xosé Manuel Martínez Oca (A Estrada, 1942). Empezou a publicar, na segunda metade dos anos setenta do século pasado, os contos que foran finalistas nas primeiras edicións do Premio Pedrón de Ouro de narrativa, posteriormente Premio Modesto R. Figueiredo, que lle sería concedido en dúas ocasións, 1979 e 1982. En 1981 recibiu o Premio Casa de Galicia de Las Palmas, por Os lóstregos e a carballeira e en 1983 o Premio Blanco Amor de novela por Beiramar. Autor de libros de relatos como Os Chapurros (1983). Detrás do silencio (1986) e Náufragos en terra (1995). Entre as súas novelas cóntanse As florestas do Mañema (1988) relato dunha expedición galega á África Central en busca do Doutor Livingstone, Diario de inverno (1994), O tempo en ningunha parte (2003), Outono na illa (2004), Como paxaro caído do niño (2006), O vicio nefando (2009). Tamén é autor dun libro de viaxes: Dos camiños de arrieiros ós pazos da Ulla (2000).

Publicacións

  • Tres en raia. Baía Edicións, 2022.
  • Como paxaro caído do niño. Baía Edicións, 2006.
  • Dos camiños de arrieiros ós pazos de Ulla-Terra de Montes e Tabeirós, libro de viaxes (2000).
  • Diario de Inverno. Baía Edicións, 1994.
  • As florestas do Mañuema (1988).
  • Beiramar (1983, premio Blanco Amor).
  • Noite de luar (1981).
  • A chamada escura dos caborcos (1981, finalista do premio Blanco Amor).
  • Un ano e un día (1980).
  • A fuxida (1980).
  • Os lóstregos e a carballeira (1980).
  • No fondo do espello (1979).
  • A figueira e A Negra (1979).
  • Un home no curral (1976).

Relatos

  • Detrás do silencio (1986, premio Manuel Casado Nieto).
  • Os chapurros (1983).
  • Os culpables (1983).
  • A espada na auga (1982).

Narrativa infantil

  • A cidade do vento (1992, en colaboración con Inmaculada Pellicer).
  • Roi e os seus amigos (1987).

Dramaturgo

  • Tradución da obra de Bernardin de Saint-Pierre, Paulo e Virxinia (1985).
  • O cazador de perdices (1977).
  • Os algareiros (finalistas do premio Abrente de Rivadavia, 1976).

Ensaio

  • Dáme a túa man. Personalidade e obra poética de Xosé Manuel Mosquera Carbón, 1999.