Nacín no Carballiño (Ourense) en 1987. Medrei entre as páxinas dos contos que se acubillaban no meu dormitorio e os debuxos animados que bulían diante da tele naquel selecto club chamado Xabarín. Dende ben pequeno, choutei cos discos de rock que os meus irmáns maiores escoitaban na casa e, se cadra por iso, quedei enfeitizado pola música e súbome enriba dun escenario sempre que teño a ocasión.

Estudiei maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela e actualmente exerzo de Mestre de Audición e Linguaxe no ensino público. Licencieime en Psicopedagoxía pola USC e realicei un “Mestrado en Investigación en educación, Diversidade cultural e Desenvolvemento comunitario” na mesma Universidade.

Nube Branca quere ser astronauta (Baía Edicións, 2018) é o meu primeiro conto, finalista dos Premios Frei Martín Sarmiento. Está deseñado para tecer actividades de estimulación da linguaxe oral en galego a través dunha historia apaixonante e entrañable, pensada para divertir a esgalla ás nenas e aos nenos. No 2019, publica A banda de Raimundae Nube Branca e o pingüín Valentín  no 2020, tamén con exercicios de estimulación da linguaxe, contido pedagóxico e temática inclusiva.

Publicou dúas novelas curtas para o público adulto: Banda Sonora Orixinal (Fervenza, 2019), obra ganadora do IV certame Balbino de relatos, e Música para os días de inverno (Laiovento, 2020).