Filóloga, escritora, feminista, bibliópata, coleccionista, crítica (en plan rexouba e en plan ben), fanzinera, maníaca do papel e do collage. Colaboradora de opinión no xornal electrónico ADIANTE.GAL.
Entre outros, ten acadado o Premio Jovellanos 2017 ao Mellor Poema do Mundo, o Premio da crítica española en lingua galega 2017 por Bibliópatas e Fobólogos e máis recentemente o Premio Xerais de novela 2018.
Autora dunha vintena de libros entre poesía, relato curto e novela.
Ler maisCreador e guionista das tres temporadas da serie Casa Manola de Televisión de Galicia, Tamén escribiu noutras ficcións de TVG, como a popular comedia Pratos combinados ou As leis de Celavella, un thriller de época polo que recibiu o Premio Mestre Mateo. Participou no desenvolvemento dunha serie de ficción para Mediaset España e traballou na escritura do guión da longametraxe hispanoarxentina Fabricantes de ovnis, unha coprodución entre Pampa Films e Mad Mex Filmanova.
Ler maisPublica en Baía Edicións "Guía das aves de Galicia", un extraordinario traballo onde podemos atopar 448 especies analizadas, ilustradas por Calros Silvar con máis de 2000 debuxos a toda cor.
Ler maisBiólogo. Actualmente profesor de Bioloxía e Xeoloxía no IES Lamas de Abade, en Santiago de Compostela. Membro da Sociedade Galega de Historia Natural e do Museo do Pobo Galego.
Ler maisNace o 8 de setembro de 1945 en Pontedeume e reside en Santiago de Compostela desde 1969. Ornitólogo, naturalista, delineante naval e mestre de Educación Primaria, carreira que cursou en Santiago e da que se prexubilou en 2006.
Ler maisNace o 1 de xaneiro de 1978 en Monforte de Lemos, Lugo. Actualmente reside entre Vigo e o seu pobo, Laza (Ourense). É licenciada en Historia da Arte e Técnico Superior en Ilustración.
Ler maisNace en Vigo en 1960. Autor, director de escena, narrador oral, actor. Comeza a súa actividade como actor, en 1975, vencellándose ao nacente movemento teatral de Vigo e de Galiza, sendo un dos “benxamíns” das xeracións xurdidas arredor dos primeiros encontros da histórica Mostra de Ribadavia.
Ler maisCoruñesa do 65, de moi cativa viviu no Barrio das Flores. Era unha serodia estudante de Psicoloxía cando viu na universidade o anuncio dun taller literario, e axiña cambiou a estatística e a antropoloxía polos puntos de vista do narrador e os xogos coa linguaxe.
Ler maisNado en Compostela en 1974, cursou estudos de filosofía na universidade de Compostela. Especializado na obra de Kierkegaard, traballou durante máis de tres anos nos centros de investigación consagrados ao autor dinamarqués Soren Kierkegaard Forskningscenteret de Copenhaguen e Hong-Kierkegaard Library do Sr. Olaf College, Minnesota; deste último, é desde hai anos membro correspondente para o galego e o castelán.
Ler mais