María Antonia Quesada é unha escritora e xornalista madrileña de pai galego. As súas historias para as nenas e os nenos desenvólvense en lugares de gran beleza, onde se mesturan a fantasía coa Historia. En 1989 publicou El tesoro de las mariposas (Anaya), relato para primeiros lectores no que tres nenos percorren o parque do Retiro vivindo unha aventura cos seres reais e imaxinarios que habitan neste xardín emblemático de Madrid. Desta obra fixéronse sete edicións en castelán e unha en catalán.

Foi finalista do Premio Boolino 2016 con El pescador de globos, publicado un ano máis tarde por Ediciones B. Dous irmáns perden o seu globo e coñecen un estrafalario personaxe que pesca todas as noites no ceo de París.

A historia que agora tes nas mans, O segredo de Caaveiro, o primeiro que autora publica en galego, é unha homenaxe ás súas raíces. Os seus protagonistas percorren as fragas do Eume, un dos lugares máis fermosos de Galicia, e viven unha incríbel aventura.

Outras obras desta autora dirixidas ó público adulto son: Inventario de otoño (2009), publicada por Akal e finalista do Premio Café Gijón 2003; o libro colectivo de relatos Cruce de Calles (Lampedusa, 2015); El poder de tu nombre (Arzalia, 2018), e El ingenio de los mediocres (Olé Libros, 2021).

Mención especial do Premio Cafetín Croche 1993 polo conto “El organista de la colegiata.

Polo seu traballo como xornalista de información económica en Expansión recibiu o Premio Citi Journalistic Excellence Award 2000. Foi xefa de Economía (Gaceta de los Negocios) e de Opinión (El Economista) e directora de comunicación da Seguridade Social (2004-2011).