Nado na cidade da Coruña, aínda que coas súas raíces na Ribeira Sacra ourensá (Xunqueira de Espadanedo e Esgos), comeza no mundo da música con 13 anos, levado polo seu interese nas músicas galega e celta. As súas inquedanzas culturais, nun tempo en que o acceso á información carecía das facilidades de hoxe en día, lévano a participar en diferentes revistas e colectivos da época. Mentres continúa a súa formación musical, participa e actúa con diferentes grupos e músicos da cidade: Adro, Neboeiro, Roi Xordo, Augamel... ata que finalmente, en 1986, fundaLuar Na Lubre.
Ler maisCrítico literario e investigador. Secretario científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Xunta de Galicia, é tamén profesor de Didáctica da Lingua e a Literatura na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
Ler maisPublica con Lorena Casete Fernández dous libros en Baía Edicións: "O abc do ligue" e "O abc da parella".
Ler maisCursei os meus estudos superiores de ilustración na Escola Llotja de Barcelona, ademais fixen varios cursos de debuxo e pintura no Vapor Universitari de Terrasa e un curso de encadernación creativa con Lidia Moreno, de Moreno & Soria.
Ler maisNace o 4 de marzo de 1959 en Vilalba (Lugo) e reside na Coruña. É licenciado en filosofía e letras e actualmente exerce de profesor de ensino secundario.
Ler maisNace en Somede, As Pontes en 1959. Poeta e narrador, reside na actualidade en Narón e traballa como enfermeira na Residencia “Arquitecto Marcide” de Ferrol. Poemas seus viron a luz nas revistas A Xanela e Na Festa da Palabra Silenciada.
Ler maisAna Romero Masiá, santiaguesa, doutora en Historia pola Universidade da Coruña, exerce a docencia como catedrática de Xeografía e Historia no IES Monte das Moas. Desde hai anos traballa para difundir a historia de mulleres coruñeses que destacaron no ámbito do ensino ou de colectivos de traballadoras que contribuíron ao desenvolvemento económico e social da cidade da Coruña.
Ler maisNace en decembro de 1970 en Vilagarcía de Arousa onde reside. Realizou estudios de Técnico Auxiliar en deseño gráfico. Actualmente é ilustrador e deseñador gráfico.
Ler maisNace en Momán (Cospeito-Lugo) en 1948. Mestre desde 1969, impartiu clases no Colexio Maristas de Lugo, no CP Friol, no CP de Mundaka (Biscaia) e no CP “Mestre Rivera Casás” (San Cibrao) onde desempeñou a función de director entre 1982 e 1996. Desde 1996 exerce como profesor no IES “Marqués de Sargadelos” San Cibrao.
Ler maisPublica en Baía Edicións o libro de texto "Obradoiro de matemáticas" (1º-2º ESO). Actualmente exerce de profesor no C.P.I. dos Dices -Rois, A Coruña.
Ler maisRealiza dúas guías de recursos dedicadas á natureza, publicadas no 2001 co título de "Todo vai na natureza I" e "Todo vai na natureza II". Ambas as dúas conteñen prácticas sinxelas de bioloxía.
Ler maisPublica, en colaboración de varios autores, unha guía sobre os espazos naturais de Galicia, concretamente de Pontevedra. Actualmente traballa no C.S. Saude Marín (Pontevedra).
Ler maisNace o 8 de outubro de 1962 e reside na Coruña. Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación (Sección de Ciencias da Educación) pola Universidade de Santiago de Compostela (1986) e titulada especialista universitaria en Educación Infantil pola U.N.E.D. (1998). Actualmente exerce de educadora infantil.
Ler maisPublica, en colaboración de Juan Antonio Mayor e Manuel Santolino, o libro de texto de "Xeoloxía" (1º Bach).
Ler maisNace o 10 de setembro de 1957 en Quiroga (Lugo) e reside en Viveiro. Realizou estudos de maxisterio e actualmente é mestre de música.
Ler maisRealizou como tese de doutoramento un estudio sobre Álvaro Cunqueiro co título: ''Cultura e literatura italianas na obra de Álvaro Cunqueiro. Actualmente é profesora do instituto IES Neira Vilas.
Ler maisNace en Montevideo en 1967. Cursou estudios de Náutica e Inxeñería. Traballa no sector audiovisual desde 1988. Autor da TV movie “Voltar á casa”; desenvolveu dúas comedias de situación para televisión (“Casa Cuartel” e “Don Tomás”).
Ler maisNace en Distriz-Vilalba (Lugo) 1947. Estudou Humanidades no Seminario de Mondoñedo e rematou o Bacharelato no Instituto de Lugo. Licenciado en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca (1971) cunha tesiña titulada: La reducción de la Teoloxía a Antropoloxía en “La esencia del Cristianismo” de Ludwig Feuerbach. Estudou Filosofía e licenciouse na Universidade de Salamanca en 1973 cunha tesiña sobre Wittgenstein: Aspectos lógico-metafísicos del Tractatus de Wittgenstein (1973). É Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese que leva por título: O Pensamento ilustrado na Galiza do XVIII.
Ler maisLicenciada en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e Diploma de Estudos Avanzados (DEA) en Matemática Aplicada pola Universidade da Coruña.
Ler maisRealiza unha unidade didáctica sobre os insectos de Galicia así como unha guía sobre os espazos naturais de Galicia, concretamente da provincia de Pontevedra.
Ler maisRealiza unha unidade didáctica sobre os insectos de Galicia así como unha guía sobre os espazos naturais de Galicia, concretamente da provincia de Pontevedra.
Ler maisPublica, en colaboración con varios autores/as, dous libros de texto de educación plástica e visual dedicados a alumnas e alumnos do primeiro curso da ESO.
Ler maisNace o 7 de xuño de 1974 en Vigo e reside en Barcelona. É Doutora en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e ten un máster en Museoloxía e Xestión do Patrimonio Cultural pola Universidade de Barcelona. Actualmente exerce de museóloga e xestora cultural.
Ler maisPublica dous libros dedicados a espazos naturais de Galicia, concretamente das provincias da Coruña e de Lugo, así como unha antoloxía de teatro español.
Ler maisNace en Lugo no ano 1968. Traballadora social, pedagoga, e ademais, e con grande alegría, narradora vocacional. Apegada sobre todo á Ciencia-Ficción, aínda que tamén catadora doutras temáticas pois sobre todo está a querenza por contar historias.
Ler maisNace en Ferramulín do Courel (Lugo) no ano 1957. Estudou Maxisterio na Coruña e licenciouse en Filoloxía hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é profesor de Lingua galega e Literatura no IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños.
Ler maisAutor e ilustrador do libro "Encoro de Cecebre. Espacio natural protexido". Guía que pretende axudar ao coñecemento e a súa posta en valor para a súa necesaria protección.
Ler maisPublica o libro ''Historia da Arte'' coa colaboración de Mª Dolores Barral, Marta Cendón, David Chao e Ana Belén Requejo.
Ler maisPublica o libro de texto "Educación Física" dedicado a alumnas e alumnos de 1º ESO.
Ler maisNace en Pastoriza, Arteixo en 1962. Escritor e profesor. Publicou numerosos libros individuais e participou en 70 obras colectivas, sendo autor de máis de 300 escritos, 50 de asunto teatral.
Ler mais