Chao Castro, David

Nace no Carballiño en Ourense. Licenciado en Xeografía e Historia, sección Historia da Arte, Especialidades de Historia da Arte Antiga e Medieval (1997) e Museoloxía (1996). Licenciado trala defensa da Tese de Licenciatura "A vila de Ribadavia: o medio e a súa arte na Idade Media” (2000).

Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia (3 de xaneiro de 1997) e Premio Extraordinario de Licenciatura en Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela (2000).

Doutor en Historia da Arte tras a defensa e valoración de Sobresaliente

Cum Laude

da Tesis Doctoral

Iconografía regia en la Castilla de los Trastámara

, dirixida polo Prof. Dr. D. Manuel Núñez Rodríguez (14 de xullo de 2005

Profesor Asociado a Tempo Completo no Departamento de Historia da Arte da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (desde o 1/X/2001 ata o 12/XI/2005). Profesor Contratado Interino do mesmo Departamento desde o 13/XI/2005 e ata a actualidad.

Foi Coordinador das Exposicións “Galicia Castrexa e Romana” e “Galicia Románica e Gótica” do proxecto “Galicia, Terra Única” (Xunta de Galicia, Lugo e Ourense, 1997). É colaborador da revista

Descubrir a Arte

desde o inicio da súa publicación.

Publicacións

Libros

  • Iconografía regia en la Castilla de los Trastámara, Universidade de Santiago de Compostela, 2005.
  • Historia da Arte, en colaboración con Mª D. Barral Rivadulla, J. Rascón Mendivil e A. B. Requejo Alonso. Baía Edicións, A Coruña, 2003.

Publica tamén capítulos de libros, artigos en revistas nacionais e internacionais, notas, fichas histórico-artísticas, relatorios/conferencias en congresos internacionais e nacionais e participa na organización de congresos.

Correo electrónico

David Chao Castro