Regueiro, Conchi

Nace en Lugo no ano 1968. Traballadora social, pedagoga, e ademais, e con grande alegría, narradora vocacional. Apegada sobre todo á Ciencia-Ficción, aínda que tamén catadora doutras temáticas pois sobre todo está a querenza por contar historias.

Ademais de finalista no I Premio Meiga Moira, foi ganadora do I Premio de Relato na Festa dá Rosa de Mos en 1993 e do III Premio de Novela Mulleres Progresistasen 2001. Tamén foi segundo premio na categoría de relato no certame Noite Meiga de Sarria en 2002 e terceiro do Cultura Quente de Caldas de Rei en 2004.

Ten obra variada, tanto en galego como en castelán: bastantes contos, algún que outro artigo en publicacións especializadas de Literatura Fantástica e varios libros.

Publicacións

  • A cerna do segredo. Colección Meiga Moira. Baía Edicións, 2014.
  • A herdanza do marqués. Colección Meiga Moira. Baía Edicións, 2009.
  • Historias del Crazy Bar y otros relatos de lo imposible (coescrito con Lola Robles). Stonewall, 2013.
  • Reclutas de guerras invisibles.