Conde Soto, Francisco

Nace en Vigo en 1978. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela (2001) e Doutor pola Universidade de Barcelona coa tese "O problema da conciencia do tempo na fenomenoloxía de Edmund Husserl" (2007).

Realizou estudos de investigación no arquivo Husserl de Colonia, na Universidade de Tréveris e na Universidade Libre de Berlín.

Publicou diversos artigos en torno á fenomenoloxía de Husserl nas revistas da Sociedade Española e da Sociedade Portuguesa de Fenomenoloxía. O seu traballo para a obtención do diploma de estudos avanzados xirou en torno a unha valoración crítica do estudo de Derrida sobre Husserl (A voz e o fenómeno, 1967).

Os seus intereses actuais de investigación son a relación entre política e psicanálise, a escola de Frankfurt e a filosofía francesa do século XX.

Publicacións