De Francisco da Rocha, Gonzalo Xosép style="text-align: justify;">Licenciado en Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela, publica en 1995 o seu traballo de fin de carreira en A Trabe de Ouro –Revista Galega de Pensamento Crítico-. Profesor de Historia, Arte e Xeografía no sistema público, considérase educador vocacional.

Nace en Vigo, no 1971. Inicia moi cedo a súa relación afectiva coa natureza no movemento escultista da súa cidade natal. Relación que desenvolvería en diferentes colectivos de excursionismo e montaña, sobradamente na asociación “Orballo” de educación ambiental, durante a década dos noventa, dirixindo as actividades culturais de patrimonio, e desenvolvendo proxectos educativos para a Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, no Courel, na Ribeira Sacra, nos Pirineos, ou en Cazorla entre outros.

A súa recente e satisfactoria experiencia cos alumnos de 4º ciclo universitario e unha dilatada práctica excursionista conclúen nunha concepción da viaxe na que o sensitivo non aparece disociado do cognitivo, resultando un coñecemento afectivo complementario e pleno.

Excursionista e viaxeiro insaciable, principalmente pola Península Ibérica, afeccionado á fotografía e pintura de trazas bucólicas, mantén un contacto intenso de máis de dez anos coa Ribeira Sacra.

Publicacións