Díaz Núñez, Celia

Nace no Páramo (Lugo) e axiña se traslada á vila de Quiroga. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, en Filoloxía Hispánica e diplomada en Maxisterio, reside en Ourense onde exerce como profesora de Lingua Galega e Literatura en Ensino Secundario.

Publicacións

Narrativa

  • Cataventos e Cía. Barriga Verde. Baía Edicións, 2008.
  • Adeliña. I Premio Pura e Dora Vázquez de Creación Literaria. Deputación de Ourense, 2004.

Teatro

  • Cataventos e cía. ou a verdadeira historia de Amanda, a princesa, e Leonardo, o poeta. II Premio Internacional Barriga Verde de Textos para monicreques (modalidade infantil) 2004.

Ensaio literario

  • Voces da Terra. Quiroga e os seus escritores. Concello de Quiroga-Deputación Provincial de Lugo, 1995.

Pasatempos

  • Restra de letras. Xerais, 2002.

Libros de texto

É autora de libros de texto e cadernos de exercicios de lingua e literatura galega para ESO. Editorial Anaya.

Outros premios

No 2007 gañou o 1º Premio no XL Concurso “Breogán” de Contos convocado polo Centro Galego de Baracaldo, polo relato “Un tango na noite”.

Correo electrónico

Celia Díaz