Fernández Naval, X. Francisco

Nace en Ourense en1956. Poeta e narrador. Premio Ciudade de Ourense de poesía en 1980 e en 2007 polos libros A fonte abagañada e Miño, respectivamente; premio Xerais de novela en 1988 pola obra O bosque das antas, premio de poesía Fiz Vergara Vilariño 2010 por Bater de sombras e Premio Irmandade do libro, áo mellor libro galego publicado no ano 2012, pola novela A noite branca.

É autor dunha ampla obra en galego, que inclúe poesía, novela, libros de relatos, ensaio, literatura infantil, xuvenil e de viaxes, guións cinematográficos e teatro. Algunhas das súas obras traducíronse a outras linguas, entre elas: castelán, éuscaro, catalán, francés, árabe e portugués.

As crebas. Outro xeito de andar ao mar. X. Francisco Fernández Naval. Fotografías de Maribel Longueira, Baía Edicións, 2014.