Fernández Buján, Inés

Nace o 20 de setembro de 1964 en Barcelona, aínda que reside en Vigo. É Licenciada en Filosofía e, actualmente, profesora de ensino secundario de Filosofía.

Ten participado en numerosas actividades de formación relacionadas coa Filosofía e tamén coa Coeducación, entre elas, coordinou o Seminario permanente Materiais para coeducar e o PFAC Ciencia e poder dende a perspectiva de xénero.

Foi relatora no V Congreso internacional de antropoloxía filosófica coa disertación: Medicina y poder sobre los cuerpos.

Publicacións

  • As mulleres na filosofía. Baía Ensaio, Baía Edicións, 2006.
  • Historia da Filosofía (II): Marx, Nietzsche, Marcuse.
  • Colaborou tamén con artigos e traducións na revista A festa da palabra silenciada, dirixida por Mª Xosé Queizán.