Fernández Sulleiro, Xesús

Nace en Ourantes-Punxín (Ourense) no ano 1966. No ano 1989 licenciouse con grao en Filosofía pola Universidade de Salamanca cunha memoria de licenciatura titulada “As pedras en Galicia”.

Na actualidade prepara a súa tese de doutoramento no Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social da Universidade compostelá.
Profesor numerario de filosofía, exerce como tal desde o ano 1992, sendo o seu destino o IES Pintor Colmeiro de Silleda (Pontevedra).

Publicacións

  • Protágoras. Baía Edicións, 2003.
  • 2000 anos de cristianismo. Edicións Lóstrego, 2001.
  • Autor e coordinador do libro de texto Filosofía, 1º de Bacharelato e da Guía Didáctica para a Filosofía de 1º de Bacharelato. Editorial Galaxia, 1999.
  • Presentou unha comunicación no “I Simposio de Historia da Costa da Morte” verbo do “Caso Berdoias”no ano 1999.
  • Colabora asiduamente en revistas como o Boletín de Estudios do Seminario “Fontán Sarmiento”, a Guía dos Libros Novos ou a Revista Galega do Ensino.