Feros, Nieves

Coas súas máis de 300 receitas, Nieves proponnos, cunha linguaxe próxima e accesible mesmo para as persoas que non estean moi habituados a ler en galego, perder o medo aos fogóns e practicar no día ao día o exercicio de elaborar os nosos propios pratos.

Avoa, nai..., cociñeira de profesión até a súa recente xubilación, deleitou coa súa sabedoría e bo facer na cociña á clientela do Restaurante La Bombilla. Divulgadora dos seus coñecementos con dous libros anteriores a este -esgotados-, onde demostrou que para facer bos pratos só -é non é pouco- se necesita moito cariño e bos produtos naturais, dos que felizmente o noso país é potencia mundial.

Cociña caseira galega é, sen dúbida e ante todo, un antídoto á cociña rápida, á globalización gastronómica, á vez que unha homenaxe sincera a todas as mulleres que deron de comer a galegas e galegos de todas as épocas.