Maria Frá leva anos percorrendo a xeografía galega na recollida dos saberes tradicionais relativos ao uso medicinal das plantas. O labor investigador e divulgador que desde 2014 ten realizado para diferentes asociacións e institucións do país está motivado polo reto de contribuír para a transmisión xeracional dos usos ancestrais das plantas medicinais do noso entorno, conxugando unha longa tradición coas necesidades, coñecementos e posibilidades novas, e adaptando os formatos e os contidos ás novas tecnoloxías de comunicación e os novos espazos de encontro. Actualmente vén de converter esta dedicación nun proxecto profesional, por medio de Devagar (devagar.eu).