Galego Gen, Ana María

Naceu en Ferrol, 1970. É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña (1993). Actualmente exerce como profesora de Lingua Castelá e Literatura no Ensino Secundario, traballando no presente ano académico no IES Castella Vetula (Medina de Pomar, Burgos).

Publicacións e premios literarios:

  • Terceiro premio no I Certame de Narrativa Curta organizado pola Consellería de Medio Ambiente (1999) coa obra Non era tempo de cacharelas.
  • Gañadora do II Certame de Narrativa Breve organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (2001) co relato O malfadado ano no que perdín a moza por culpa dun robot, porque as desgracias sempre veñen mal acompañadas. (Publicada polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, 2003).
  • Gañadora ex aequo do Premio “Estornela de Teatro para Nenos organizado pola Fundación Neira Vilas (2004), coa obra O porco que perdera a cabeza. (Publicado por Ediciós do Castro, A Coruña, 2005).
  • Finalista do 18º Certame de Narracións Breves "Manuel Murguía" organizado polo Concello de Arteixo (2009), coa obra As aventuras de Nice Rod. (Publicado pola Deputación da Coruña no volume colectivo De eirugas a bolboretas, 2010).
  • Gañadora do 2º premio no I Certame de Textos Teatrais "Manuel Rey Posse", organizado polo Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa (2011), coa obra Don Matute e a árbore que falaba.
  • Gañadora do 2º premio na categoría de adultos no I Concurso de Relatos “Río Órbigo”, organizado polo Concello de Villarejo de Órbigo (2011), con la obra Es ojo porque te ve.
  • Gañadora do 2º premio no Certame “Ánxel Fole” organizado polo Concello de Lugo (2012) co relato Neiges d’antan.
  • Gañadora do 2º premio no Certame “Happycurtis” organizado polo Concello de Curtis co relato Tres mil setenta caracteres.

Traducións:

  • Tradución ao galego de Bouvard et Pécuchet (2005), de Flaubert, de La cousine Bette (2008) de Balzac, e de Le cousin Pons (2012). Estas traducións están publicadas na Editorial Toxosoutos.

Outras publicacións:

  • “Una aproximación a La doncella Teodor” en VV. AA., Campus Stellae. Haciendo camino en la investigación literaria. Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela, 2006.
  • “Lo monstruoso en la narrativa de Pilar Pedraza” en VV. AA., Héroes, mitos y monstruos en la literatura española contemporánea. Andavira Editora. Santiago de Compostela, 2009.