García López, Xosé Manuel

Nace en Vigo en 1977. Licenciado en Dereito pola Universidade de Vigo, no ano 2006 viuse obrigado a emigrar a Pamplona, onde aínda reside, alternando con estancias en Galicia. Realizou estudos de lingua inglesa e italiana. É un apaixoado da literatura e do cinema de xénero negro. Desde os tempos de estudante universitario está mergullado na creación literaria.

Publicacións

  • Pegadas nun labirinto baleiro. Baía Narrativa. Baía Edicións, 2011.
  • Fábula de las calles de humo. Baile del Sol, 2008.
  • El sendero de las mentes esparcidas. Ediciones Nostrum, 2007.