García Soto, Luís

Nace na Coruña en 1956. Desde 1989 exerce de Profesor Titular de Universidade de Filosofía Moral no Departamento de Lóxica e Filosofía Moral da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela.

Licenciouse en Dereito (1978) e en Filosofía (1979) e doutorouse en Filosofía en 1986 cunha tese sobre Roland Barthes.

Publica artigos con difusión internacional. E nesta liña, tense ocupado tamén das relacións entre filosofía (designadamente, filosofía moral: ética e política) e literatura, centrándose na literatura galega (con artigos, entre outros autores, sobre Pondal, Pedrayo, Carvalho Calero).

No ámbico da ética e a política, alén de sobre a paz e a xustiza, tense ocupado de autores clásicos (especialmente, Aristóteles) e contemporáneos (eminentemente, Foucault), así como do pensamento político galego (Castelao, Ramón Vilar Ponte, etc).

Os seus campos de interese son os Paradigmas da Filosofía Moral; Posestruturalismo e Posmodernidade; Filosofía e Literatura; Filosofía e Paz; Xustiza Política; Filosofía Moral e Política en Galiza e Bioética.

Publicacións

  • Paz, guerra y violencia, Espiral Maior, A Coruña, 2006.
  • Paz, guerra e violencia, Espiral Maior, A Coruña, 2003.
  • Aristóteles. Baía Edicións, A Coruña, 2003.
  • Europa: mito e razón, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 2001.
  • Discurso, Poder, Sujeto. Lecturas de M. Foucault, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1987. (Cap. A la orilla del mar un rostro de arena), en colaboración con: R. Máiz, F. Álvarez Uría, J. C. Bermejo, M. Morey, J. L. Pintos, P. Casanovas, A. Serrano e J. Varela.
  • En torno a la justicia. Las aportaciones de Aristóteles, el pensamiento español del XVI, J. S. Mill, la fenomenología y Rawls, Eris, A Coruña, 1999. (Cap. La justicia en Aristóteles), en colaboración con: M. X. Agra Romero, B. Fernández Herrero, C. Caruncho Michinel e M. L. Pintos Peñaranda.
  • Outramente Barthes, Ediçoes da Nova Renascença, Fundaçao Eng. António de Almeida, Oporto, Portugal, 1988.(Cap. Arredor de si ao fio de Europa), en colaboración de José Luis Barreiro.

Realiza tamén capítulos de libros e de revistas (coordinación de monográficos), artigos e traducións.

Correo electrónico: Luis García Soto