Guillín Fraga, Juan José

Nace o 15 de maio de 1973 na Piña (Sofán) Carballo- A Coruña, aínda que reside en Miño-A Coruña. Licenciado, con premio extraordinario, en Ciencias Químicas pola Universidade da Coruña en 1996. Obtén o Grao de licenciado en 1998 coa presentación e defensa da tesina titulada “Síntese diastereoselectiva de fluorofosfonoserina e fluorofosfonotreonina”.

Interesado no ensino práctico das ciencias, a súa didáctica e achegamento ao mundo cotiá do alumno. É profesor de ensinanza secundaria, especialidade de Física e Química desde o ano 2000. Despois de cursar o ano de prácticas no IES Manuel Murguía de Arteixo e dous anos en expectativa no IES X. Neira Vilas de Perillo, estivo 3 anos con destino definitivo no CPI D, Daniel Monje de Navia de Suarna. Este curso 2006-2007 empeza no CPI de San Sadurniño.

Publicacións

  • Dicionario de Física, en colaboración de Antonio Varela Caamaño e Ramón Vilalta López. Baía Edicións, 2005.
  • Un artigo na revista "Chem. Commun." da Royal Society of Chemistry; ano 2002.
  • Tres comunicacións feitas a congresos a xeito de “poster”: dúas corresponden a unha "Bienal de química orgánica" e a terceira ao congreso "7th european symposium on organic reactivity".

Correo electrónico:

Juan Guillín