Profesor, investigador e escritor. Licenciado e doutor en Farmacia, profesor adxunto, profesor agregado, catedrático de Botánica, docente de Botánica, Xeobotánica, Ecoloxía Vexetal, Fitoxeografía, Fitosocioloxía.

Nace o 2 de maio de 1940 en Madrid. Profesor, investigador e escritor. Licenciado en Farmacia (Universidade Complutense de Madrid, 1965), doutor en Farmacia (Universidade Complutense de Madrid, 1969), profesor adxunto (Universidade Complutense de Madrid, 1966-70), profesor agregado (Universidade de León, 1970-73; Universidade Complutense de Madrid, 1973-78), catedrático de Botánica (Universidade de Santiago de Compostela, 1978- ...), docente de Botánica, Xeobotánica, Ecoloxía Vexetal, Fitoxeografía, Fitosocioloxía. Foi director de doce teses de doutoramento da súa especialidade, relacionadas con materias de Ecoloxía Vexetal (Unesco 2417,250525403). Participou en 30 proxectos financiados por Caicyt, Mopu, Xunta de Galicia, Cicyt (I+D) e cooperación hispano-francesa. É membro de: Sociedade Española Estudio Pastos, Real Sociedade Española de Historia Natural, Amicale de Phytosociologie (Francia), Sociedade Botánica de Francia, Sociedade Broteriana (Portugal), Asociación Española de Fitosocioloxía, European Union Dune Conservation (Holanda), Internacional Association Vegetation Sciencie (Suecia) e Optima (Berlín). É secretario da Facultade de Bioloxía (Universidade Complutense de Madrid) e vicedecano da Facultade de Farmacia (Universidade de Santiago de Compostela).

É autor de 120 traballos en diferentes liñas de investigación botánica e de 30 libros ou artigos en libros de orientación análoga, promotor da nomenclatura botánica en España (tradución do ICBN e CPN) e responsable dunha sección especializada na revista "Lazaroa". Realizou traballos de investigación aplicada na valoración da flora e vexetación (medios acuáticos principalmente) continentais e costeiros e xestión do medio ambiente natural e análises da vexetación.

É impulsor do Xardín Botánico de Galicia e delegado da Universidade de Santiago de Compostela para o mesmo.

É membro de: "Estrategia Nacional para la Conservación de la Biodiversidad" e de "Estrategia Gallega para la Conservación de la Biodiversidad". É membro das Reais Academias de Farmacia, Galega de Ciencias, Sección Galicia da Real Academia de Farmacia (director).

Publicacións

  • Botánica (2ª edic.). MCGRAW-HILL / INTERAMERICANA DE ESPAÑA, S.A. Madrid, 2004.
  • Madrid verde (Ministerio de Agricultura).
  • O Courel (Universidade de Santiago de Compostela).
  • Pazos de Galicia (Xunta de Galicia).
  • Jardines y Plantas (Xunta de Galicia).
  • Botánica (Mc Graw-Hill / Interamericana).
  • Os bosques atlánticos europeos, en colaboración de Alan Craig, Angel Fernández, Javier Loidi, Doug Oliver, George Peterken, Jean Timbal e Carlos Vales. Baía Edicións, 1994.

Acadou os seguintes premios

  • Premio de Publicaciones da Real Academia Galega de Ciencias, 1996.
  • Premio Dolores Trigo da Asociación de Antigos Alumnos da Facultade de Farmacia de Santiago, 1994.
  • Nacional do Ministerio de Agricultura, 1983.
  • Galicia, 1982.
  • Real Academia de Farmacia, 1971. * Extraordinario de doutoramento,1969.