Labraña, Carlos

Nacín en Cedeira (A Coruña) en 1969, na vivenda da oficina de Correos onde traballaba o meu pai. Ao mellor é por iso polo que aínda agora, cando xa poucas cartas se escriben, unha das pequenas ilusións do día é achegarme á caixa do correo para ver se recibín carta...

Estudei Arquitectura Técnica na Coruña, profesión que exerzo na actualidade, e compatibilizo coa miña faceta de escritor. Tendo a honra de ser o único dramaturgo galego dedicado exclusivamente ao teatro infantil e xuvenil.

No 1987 fun un dos fundadores do Colectivo Garola, dedicado á creación, posta en escena e difusión do teatro infantil e xuvenil galego. Con este colectivo, amais de participar como actor en varias montaxes teatrais, gañei en dúas ocasións o Premio Xeración Nós para Textos Teatrais Infantís co “O Segredo de Daniel” (Sotelo Blanco, 1993) e “A Escada” (Xerais, 1996)

Colaboro tamén coa Asociación de Amigos do Samaín na recuperación da tradición celta do tallado de cabazas en outono, organizando a festa do Samaín. Este labor suxeriume a escrita de “Indo para o Samaín” (Everest Galicia, 2002), recentemente traducida ao castelán.

Publicacións

  • Os sons da buguina. Baía Edicións, 2006.
  • O Teatro dos Soños. A.C. Garola, 2005.
  • Indo para o Samaín. Everest Galicia, 2002.
  • Hai gato pechado na caixa de Torcuato? A.S.P.G. 1996.
  • A Escada. Xerais, 1996.
  • Unha avoa a catro patas, calcetíns e gravatas. A.S.P.G. 1996.
  • O Segredo de Daniel. Sotelo Blanco, 1993.