Lama, Xavier

Xavier Lama nace en Santa Euxea-Guntín (Lugo). Actualmente traballa na Televisión de Galicia e xerce durante trece anos como profesor na Universidade de Santiago.

Polos seus traballos xornalísticos recibiu galardóns como Air France para novos periodistas, Galicia de Xornalismo ao mellor artigo do ano, L'Oréal de xornalismo literario, Borobó etc.

Obtivo tamén diversos premios no ámbito literario. Entre eles, o Álvaro Cunqueiro de narrativa (convocado polos Concellos de Vigo e Mondoñedo); o Esquío e o González Garcés de poesía, e no ámbito do teatro o Camiño de Santiago, Rafael Dieste, María Casares, Manuel María e Barriga Verde. Estreáronse catro dos seus textos teatrais, entre eles Bicos con lingua, de autoría colectiva, que segue representándose desde o ano 2003.

Ten obra publicada en dezanove libros ocmo autor ou coautor. No eido poético, destacan Tigres como Fausto con ollos e bruma (2006), Melancolía líquida da Idade das Vacas (2008) e Cabalos do alén na cidade das fábulas (2009).