Non sempre se dedicou á Ilustración Gráfica. Durante un tempo traballou como restaurador de obra pictórica, a súa profesión “oficial”, e noutros momentos dedicou os seus esforzos á animación, traballando para “Bren Entertainment”.

Nace nas Palmas de Gran Canaria o 11 de Febreiro de 1954. Desde 1989, fai xa uns cantos anos, reside en Santiago de Compostela.

Como ilustrador empezou fai uns anos colaborando, ata facerse habitual, en revistas como El Europeo, ou Vogue-España. Desa época data tamén a súa colaboración en publicacións variadas, como unha sobre o Parque central de Tres Cantos da Comunidad de Madrid, ou as ilustracións do libro de Adena Como Protejer la naturaleza desde nuestra propia casa. Posteriormente fai traballos para a Fundación Cesar Manrique, de Lanzarote, e realiza ilustracións para un gran número de editoriais.

Na actualidade comparte un estudio na Coruña con outros compañeiros, o Estudio Baobab, e está enfrascado nun traballo persoal que espera que pronto saia á luz.

Publicacións

Correo electrónico

Fernando Llorente