López-Barxas, Paco

Nace en Ponte Barxas (Ourense) en 1952, aínda que reside en Santiago de Compostela. Realizou estudios de Filoloxía Hispánica e Xornalismo e, actualmente, é Xefe de Prensa do Consorcio de Santiago.

Vive en Madrid, entre 1971 e 1991, a cabalo entre a docencia e o xornalismo. Desta época de formación académica e xornalística son as súas colaboracións habituais en periódicos como Diario Informaciones, El País, Diario 16, El Mundo e El Sol. Nos últimos anos, antes do seu regreso a Galicia, mantén unha sección sobre novidades editoriais galegas nos suplementos culturais da prensa nacional, sendo redactor-xefe da revista Argumentos, a que lle imprimiu un marcado carácter cultural entre 1980 e 1984.

Ao mesmo tempo colabora en toda a prensa galega, especialmente en La Región, La Voz de Galicia, El Faro de Vigo e, anos máis tarde, en El Correo Gallego. Como comentarista literario asina os seus artigos en revistas como Quimera e Antrhopos (Barcelona), Nueva Estafeta, Leer, Insula e Album de las Letras (Madrid), Zarza Rosa (Valencia) e Grial (Galicia), entre outras.

Entre 1987 e 1989 é elixido membro do Consello Rector da Universidade “Antonio de Nebrija” de Madrid, do que forman parte, entre outros, Antonio Pedrol Rius e Alonso Zamora Vicente. Nos cursos de verán participa como docente na Universidade Menéndez Pelayo e nos Cursos do Escorial organizados pola Universidade Complutense de Madrid. Na Universidade da Coruña ten impartido un máster sobre “TV e Cultura”. Como guionista colabora con Top People News e Yurital News.

Tras o seu regreso a Galicia en 1991 dirixe o “Xornal Diario” de Pontevedra ata que se incorpora como Xefe de Prensa do Consorcio de Santiago (1992-96) e posteriormente como Director de Comunicación de ACK e da Axencia “Alternativas” con sede central en Madrid. Entre o 2000 e 2005 traballa na TVG como editor e xefe de redacción en temas relacionados co mundo da cultura. Neste eido acada o premio Irmandade do Libro 2005, outorgado pola Federación de Libreiros de Galicia polo seu espazo “Palabra de autor, palabra de autora”, dedicado ao libro galego dentro dos informativos diarios.

Publicacións

  • No xardín das mandrágoras reúne un conxunto de conversas con Julio Cortázar, Vargas Llosa, Cela ou Francisco Ayala, entre outros. 2006.
  • Dirixe a edición do libro / DVD Palabra de autor, palabra de autora, editado pola RTVG e a Asociación Galega de Editores. 2005.
  • Ferrán Pérez Churruchao, 2001.
  • Eugenio Granell. O surrealismo felizmente vivo, 1999.
  • Fin de un milenio. Antología de la poesía gallega última en colaboración con César Antonio Molina, director do Instituto Cervantes, 1991.
  • Zelos no ofenden al sol, 1988.
  • En torno a Antonio Machado, 1988.
  • A edición de La Cartuja de Parma de Stendhal, 1988.

Para o público infantil

Correo electrónico: Paco López Barxas