López de Silanes Vázquez, Mª Eugenia

Nace no Carballiño, en 1948. Realiza os seus primeiros estudos no Carballiño e no Instituto de Ourense, onde se vincula como colaborador do Museo Arqueolóxico, dirixido entón por Xesús Ferro Couselo.

Estuda Filosofía e Letras, especialidade de Historia da Arte, na Universidade de Santiago de Compostela, e colabora co historiador Manuel Chamoso Lamas na creación, instalación e posta en funcionamento do Museo das Peregrinacións, Museo do Ribeiro.

A partir de 1975, na súa calidade de director-conservador, reorganiza o Museo Arqueolóxico da Coruña, ubicado no Castelo de Santo Antón, promovendo a súa divulgación ao gran público, vinculándoo ás cuestións socioculturais da cidade e de Galiza e creando o grupo de colaboradores Amigos do Museo Arqueolóxico, que será base para os Amigos dos Museos de Galicia. Dirixe o boletín “Brigantium” e coordina traballos de prospección arqueolóxica submarina co Grupo de Investigación e Rescate Arqueolóxico Subacuático (GIRAS), dirixido por Rafael Mejuto, na baía de Coruña. Inicia o traballo de supervisión e posta en valor do Castro de Elviña (A Coruña) co obxectivo de potencialo como recurso cultural e turístico da cidade.

A partir de 1996 desenvolve a súa actividade profesional como Técnico de Xestión Cultural na Deputación Provincial da Coruña, inspirando e coordinando planos de dinamización cultural, museoloxía e recuperación do patrimonio cultural móbil, inmóbil e ideolóxico, así como a posta en valor de ecomuseos.

Membro do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, numerario da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario e do Instituto Xosé Cornide de Estudos Coruñeses.

Ilustrador, cartelista, pintor, conferenciante, articulista, dinamizador cultural... é tamén autor dunha amplísima obra.

Publicacións

  • Xaquín Lorenzo “Xocas”. Baía Pensamento, Baía Edicións, 2004.
  • Memoria do Carballiño. Xerais, Vigo 2003.
  • Festas populares de Galiza (serie con diapositivas): Entroido, Maios, San Xoán, Magosto, Nadal, Festas parrroquiais, Semana Santa. Patrimonio cultural, unidades didácticas, Baía Edicións, 1997-2002.
  • Os primeiros galegos: prehistoria e arqueoloxía de Galicia. Edicións Lea, Santiago 2000.
  • Os Xogos Tradicionais en Galicia (Proxecto Galicia. Hércules, A Coruña 1999).
  • Ourense Etnográfico. Diputación, Ourense, 1998.
  • Ferro Couselo. Artesa, A Coruña, 1996.
  • Museos de A Coruña. Everest, León 1989.
  • Artesanía de Galicia. Silex, Madrid 1981.