López Souto, África

Nace na Coruña en 1966. É licenciada e doutora en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. O tema da súa tese foi ''O individuo na filosofía de Michel Foucault'' (1999).

Exerceu como profesora de filosofía en varios institutos de bacharelato galegos desde 1990 ata 1996, e posteriormente –en excedencia do ensino- residiu durante seis anos en Bolivia, onde traballou en diferentes ámbitos relacionados coa cooperación para o desenvolvemento, mormente coa Axencia Española de Cooperación Internacional. Continuou a súa actividade neste campo durante dous anos máis na Xunta de Galicia. Desde 2005 dedícase de novo ao ensino de filosofía en Secundaria.

Impartiu clases na Universidade Maior de San Andrés en La Paz (Bolivia); e pronunciou cursos e conferencias en torno á solidariedade internacional en diferentes contextos. Así mesmo, durante varios anos colaborou activamente coa Aula Castelao de Filosofía, no cadro da cal presentou varias comunicacións.

Actualmente está a traballar de profesora no IES Parga Pondal (Carballo-A Coruña) e continúa a estar interesada polas desigualdades entre Norte e Sur. Xunto a este, outro tema que lle preocupa é o relativo ás mulleres e os cambios sociais dos seus roles.

Publicacións

  • Simone Beauvoir. Baía Pensamento. Baía Edicións, 2008.
  • Concepción Arenal. Baía Pensamento. Baía Edicións, 2004.
  • Artigos e capítulos de libros sobre Foucault, xénero e didáctica da filosofía.
  • Recensións sobre temas e libros de filosofía diversos en varias revistas.
  • Revisión filosófica da tradución ao galego do primeiro volume de O segundo sexo, de Simone de Beauvoir.

Correo electrónico: África López