Nace en Guitiriz (1954). Licenciouse en Bioloxía (1977) e en Filosofía (1984) pola Universidade de Santiago de Compostela. É doutor pola UNED (1999) cunha tese sobre ''Jürgen Habermas''.

Na actualidade é profesor de Filosofía no ensino secundario.

Publicacións

  • Bergan. Baía Narrativa. Baía Edicións, 2019.
  • O silencio dos deuses. Baía Ensaio. Baía Edicións, 2009.
  • Jürgen Habermas. Baía Pensamento. Baía Edicións, 2004.
  • Identidades. Las identidades morales y políticas en la obra de Jürgen Habermas. Biblioteca Nueva, Madrid, 2004 (Estudio filosófico).
  • As identidades novas e vellas en Doce anos na búsqueda da identidade, Xermolos, 1990.
  • A cidade Branca. Edicións Xerais, 1987.