Lozano Paz, Moisés

Nace en Goiriz-Vilalba (Lugo). Estudiou latín e Humanidades e Filosofía no Seminario de Mondoñedo. Na Universidade Pontificia de Salamanca licenciouse en Teoloxía, Filosofía e Psicoloxía.

Profesor agregado de Filosofía nos Institutos Xelmírez I de Santiago e Pontedeume. Catedrático de Filosofía no IES de Ames.

É coordinador do Seminario Permanente de Educación para a Paz desde o ano 1985 e xefe de departamento de Filosofía desde 1979 ata a actualidade.
Tamén pertence ao Seminario galego de Educación para a Paz.

Publicacións

Coautor de libros

  • Filosofía I. Madrid, 2002.
  • Historia da Filosofía. Madrid, 2001.
  • Filosofía I. Madrid, 2000.
  • Discorrendo. Sada, 1996.
  • Noein I e II. Santiago, 1986.
  • Noema. Sada, 1985.
  • En son de paz.
  • Tolerancia.
  • A tolerancia.
  • Pedagoxía dos valores en Galicia.
  • Por unha Europa de paz e multiétnica.

Coautor de Unidades didácticas

  • Sobre os dereitos humanos.
  • Sobre o medo na escola.
  • Sobre a marxinación.
  • Sobre o ecopacifismo.
  • Sobre a inmigración.
  • Sobre a tolerancia.
  • Sobre a pobreza e o desemprego.
  • Sobre a solidariedade.
  • Programa para a paz e a Xustiza no século XXI.
  • Declarala paz, reclamalos nosos dereitos.
  • Destruir a guerra e construir a paz.
  • Siluetas para un teatro de sombras. As respostas de Camila.

Artículos e reseñas en libros e revistas

  • Hispanorama.
  • Encucrillada.
  • Irimia.
  • Altamira.
  • Guía dos libros novos.
  • Sobre a pobreza e o desemprego. * Sobre o ecopacifismo (Revisión da Unidade anterior). Consellería do Medioambiente. Sementeira, Noia, 2000.
  • Sobre a solidariedade. Toxosoutos, Noia, 1999.
  • Toxosoutos, Noia, 1997.