Maraguat Idarraga, Edgar

Nace en Barcelona en 1973. Doutor en Filosofía pola Universidade de Valencia cun traballo sobre a filosofía do dereito de G. W. F. Hegel no seu contexto sistemático.

Ampliou estudos no Hegel-Archiv da Universidade de Bochum e actualmente investiga as relacións entre Schelling e Hegel ao amparo da Schelling-Kommission da Academia Bávara das Ciencias (Munich). Prepara así mesmo unha edición de textos políticos do último Hegel.

Publicacións

  • Hegel. Unha introdución. Baía Pensamento, Baía Edicións, 2004.
  • Artigos sobre a filosofía moral e política do Idealismo alemán.