Autor coruñés, debuxante de formación autodidacta e biólogo. Compaxina a súa actividade coa ilustración de libros, a ilustración da natureza e a realización de proxectos propios de banda deseñada. Neste último campo, ten realizado numerosas historias curtas para certames e revistas especializadas, centrándose ultimamente na autoedición de historias longas.

Publicacións

  • Ilustrador d’A illa do Silencio, de David D. Vázquez Álvarez. Colección Meiga Moira. Baía Edicións, 2017.
  • Las aventuras de M&M: El caserón del acantilado. Marcos B (álbum autoeditado), 2013.