Nace o 10 de outubro de 1943 en Ferrol. Aínda que a súa vocación inicial era a pintura, unha rápida evolución deu con el na banda deseñada e o humor. A comezos dos anos setenta comezou a publicar banda deseñada na revista Chan, que se facía en Madrid, e en 1975 publicaba o primeiro álbum da historia da banda deseñada galega, 2 Viaxes , a medias con Patiño. Despois derivou cara ao humor gráfico.

Fundador e director do Museo de Humor de Fene desde 1984, membro fundador de FECO España, membro da Academia de Humor de Pozuelo (Madrid) e profesor Honorífico de Humor da Universidade de Alcalá de Henares.

Charlas, conferencias e cursiños por toda Galicia, Acarigua (Venezuela), Cáceres, Caracas, Lepe, Madrid, Porto, Pozuelo, Segovia...

Participación en numerosos libros colectivos, ilustracións, carteis, pegatinas, camisetas, postais, pratos, pins, marcalibros, etc...

Publicacións

  • Tartaruga. Xiz de Cor. Baía Edicións, 2007.
  • O Peixe de Pedra (con Ramón Loureiro). Ed. A Nosa Terra, 2005.
  • Malfeito, bufón. Ed. Casals. Barcelona, 2003.
  • Imos coñocer o humor. Inédito. Unidade Didactoca, 2002.
  • Trinta e tantos con Xaquín Marín. Ed. propia. Ferrol, 2001.
  • Humor líquido, o caso galego. Ed. Museo do Humor, 2000.
  • Dragón Rock. Ed. Casals. Barcelona, 1999.
  • Feito a man. Ed.Cons. de Cultura. Santiago, 1997.
  • Cen Pés. Ed. do Castro. Sada, 1996.
  • O A.B.C. do cómic. Baía Edicións. A Coruña, 1995.
  • Xunta e revolta. Ed. Presid. Xunta. Santiago, 1989.
  • O home que falaba arameo (con R. Patiño) Sada, 1988.
  • Debuxos de Humor (con Siro López) Pontedeume.
  • Gaspariño 2. Xerais. Vigo, 1982.
  • Dos pés á testa. Galaxia. Vigo, 1980.
  • Alcacén para gaitas. Ed. do Castro. Sada, 1980.
  • Gaspariño. Ed. do Rueiro. A Coruña, 1978.
  • Ratas. Ed. 3, 14, 17. Madrid, 1977.
  • 2 viaxes (con R. Patiño). Ed. Brais Pinto, Madrid 1975.

Obra en museos

  • Sorriso de Prata. Silleda, 2002.
  • Museo Carlos Maside (Sada).
  • Museo do Humor (Fene).
  • Museo de Pontevedra.
  • Museo de Quiñónes de León (Vigo).
  • Universidade de Alcalá de Henares.
  • Fundación Simavi (Estambul).
  • Museo de Humor (S. Antº de los Baños-Cuba).
  • Club de Humor (Odessa)
  • Casa do Humor e a Sátira (Gra-vobo-Bulgaria)
  • Museo del Humor (Acarigua-Venezuela)...

Premios

  • Caveira do Samaín. Cedeira, 1999.
  • Asociacións Culturais de Carballo 1998.
  • Galego do ano 1997.
  • Galicia de Comunicación 1996.
  • Ourense 91/ Banda deseñada. Ourense, 1991.
  • Vieira de Humor 1983, Madrid.
  • 1º Premio Bienal de Grávobo- Bulgaria, 1987.
  • Galicia de Xornalismo 1984, 1989, 1997, Santiago.
  • Paleta Agromán 1982 e 1991. Madrid.