Martín Acero, Begoña

Nace en agosto de 1957 en Oviedo. Estudiou Filoloxía hispánica e galego-portuguesa en Oviedo e Santiago de Compostela e é profesora de lingua e literatura galega.

Segundo ela mesma nos conta, pasa a súa infancia e parte da súa adolescencia en Boal, un pequeno pobo "arraiano" de Asturias, ata marchar a Oviedo. Cando chega a Galicia co fin de rematar os estudos de filoloxía, namórase das súas palabras, da súa cultura e das súas xentes -por outra banda tan cercanas a ela- e decide acadar a licenciatura de galego-portugués, empregando desde entón a nosa lingua para comunicarse e como medio de expresión escrita.

Termodonte, a súa primeira contribución á narrativa, representa unha anovadora presentación do mundo feminino nuns espacios e períodos históricos aparentemente alonxados da nosa realidade física. O protagonismo da muller desenvólvese en sete relatos para achegarmos aos temas de sempre: o amor á terra, a aproximación aos mitos, o despertar dos soños, a transgresión das normas... en definitiva, a historia e a vida non contadas das mulleres.

Publicacións

Correo electrónico

Begoña Martín Acero