Martínez Quintanar, Miguel Ángel

Nace en Santiago de Compostela en 1968. Cursa estudios de Filosofía na Universidade da súa cidade licenciándose en 1991 e graduándose en 1994 co traballo titulado ''La idea de la Filosofía en Eduardo Nicol''.

Desde 1997 é profesor de Filosofía de ensino secundario e actualmente exerce a docencia no IES de Palas de Rei (Lugo).

Foi secretario da Comisión Xestora da Sociedade Galega de Filosofía, membro do equipo de investigación da SGF sobre “A crise da Filosofía”, coorganizador do Seminario Permanente da SGF “A Historia da Filosofía de C.O.U.” e coorganizador do ciclo de conferencias “Ciencia y Filosofía en la crisis de la Modernidad” (Santiago, 1996).

Agora está a preparar unha tradución e comentario do texto de Deleuze A inmanencia: Unha vida....

Publicacións
 

Artigo de corte ensaístico

  • Topología de la diferencia (Variaciones deleuzinas sobre Foucault) (Rev. Agora, USC, 1998).

Comunicacións

  • Liñas para unha reflexión filosófica sobre Xogo e Deporte (XIX Semana Galega de Filosofía, Aula Castelao, Pontevedra, 2002).
  • La Ética de Spinoza: Selección y Diferencia (Encuentro Hispano-Portugués de Filosofía, USC, 1997).
  • Filosofía, pensamiento y escritura (XXXIV Congreso de Filósofos Jóvenes, USC, 1997).
  • La experiencia de la escritura en Marcel Proust (Coloquio Les Chemins du Text, USC-Filoloxía Francesa, 1997).
  • Aproximación a la fenomenología de lo onírico en María Zambrano (Congreso de Fenomenología y CC. Humanas, USC, 1996).