Mumary Ruibal, Mª Teresap style="text-align: justify;">Nace o 31 de outubro de 1946 en Vigo (Pontevedra) e reside na Coruña. Mestra especializada en Educación Infantil e diplomada en Puericultura. Dirixe e coordina a escola de Educación Infantil da que é titular.

Actúa como secretaria de A.G.A.D.E.I. (Asociación Galega de Escolas Infantís) da que forma parte desde a súa fundación. Coordina cursos de actualización para profesionais de Educación Infantil

Publicacións

  • Quero xogar! Como divertir ao tempo que estimulamos. Baía Edicións, 2003. Mª Teresa Mumary Ruibal e Mª Teresa Rodríguez Piñeira. Libro destinado a nais e pais, mestras e mestres no que se recollen 150 xogos para a estimulación das nenas e nenos de 0 a 3 anos.