Muñoz Puelles, Vicente

Nace o 22 de abril de 1948. Actualmente reside en Valencia e exerce de escritor. Varios dos seus libros foron traducidos a outros idiomas, entre eles ao francés, inglés, italiano, portugués, grego moferno e coreano, e tamén ao alfabeto Braille. 

Gaña o Premio La Sonrisa Vertical (1980) con Anacaona, que tamén obtivo o Premio da Crítica da Comunidade Valenciana (1982). Gaña o Premio Azorín (1993) con La emperatriz Eugenia en Zululandia, que tamén mereceu o Premio da Crítica Literaria Valenciana (1995). Obtivo tres veces o Premio Ciudad de Valencia (1984, 1987 e 2001), nesta última ocasión na modalidade de teatro (Zona de Iliure transit, Bromera, 2001), e outras dúas o Premio da Crítica da Comunidade Valenciana (1982 e 1986). Ten o premio Alfons el Magnànim de narrativa por Las aventuras de un escritor de provincias (2002).

Gaña o Premio de Álbum ilustrado Ciudad de Alicante co libro Sombras de manos (Anaya, 2002), que tamén mereceu unha nominación White Ravens (2004), o Premio Alandar con La foto de Portobello (Edelvives, 2004), o Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil, con El arca y yo (Anaya, 2004) e o Premio Libreros de Asturias con La perrona (Anaya, 2006).

Con Óscar y el león de Correos obtivo o Premio Nacional Infantil e Xuvenil (1999).

Traduciu novelas de Fenimore Cooper, Joseph Conrad e Georges Simenon, e é autor de edicións do Diario de a bordo, de Cristóbal Colón (Anaya, 1984), dos Naufragios y Comentarios, de Cabeza de Vaca (Anaya, 1992), y de Don Quijote de la Mancha, de Miguel de Cervantes (Anaya, 2005), así como de dúas falsas autobiografías: Yo, Colón, descubridor del Paraíso Terrenal, Almirante de la Mar Océana, Virrey y Gobernador de las Indias (Anaya, 1991) e Yo, Goya, primer pintor de la corte española, defensor de la libertad, grabador de sueños y caprichos (Anaya, 1992). Publicou tamén numerosos ensaios, en particular sobre literatura inglesa e norteamericana. Na Biblioteca do Congreso de Washington figuran vinte e dous dos seus títulos.

Yo, Colon obtivo en 1994, na súa versión francesa, o premio Ascensión pour la lecture, concedido polos xoves de Briançon.

Mi primer amor, guión para un episodio da serie de televisión Ruzafa, 68, dirixida por Caires Mira e emitida en Canal 9 en 1993. Guión cinematográfico de El tigre de Tasmania, en colaboración con Gerardo Gormezano, para a película do mesmo título (1994). Guión cinematográfico de El último manuscrito de Hernando Colón, en colaboración con Criso Renovell, para a película do mesmo título (1996). Moscú, guión da serie Ciutats para el episodio n° 13 do programa Colp d'ull, emitido en Canal 9 o 09-01-1997. A súa novela Sombras paralelas foi levada ao cine en 1995, baixo a dirección de Gerardo Gormezano.

O traballo máis extenso publicado sobre el ata esta data (108 páxinas) é En torno a Goya y Vicente Muñoz Puelles, de Carmen Romeo e Francisca Soria (Ministerio de Educación y Ciencia, Dirección Provincial de Zaragoza, 1996.)

Desde 1999 é membro da Consell Valencià de Cultura.

Publicacións

Novelas

  • Las desventuras de un escritor en provincias. Algar (2003).
  • Los amantes de la niebla. Planeta (2002).
  • El cráneo de Goya. Anaya & Mario Muchnik (1998) e Valdemar (2004).
  • La curvatura del empeine. Tusquets Editores (1996) e Círculo de Lectores (1998).
  • ''La emperatriz Eugenia en Zulunlandia. Anaya & Mario Muchnik (1994).
  • La ciudad en llamas. Aguaclara (1993) e Algar (2001).
  • Huellas en la nieve. Anaya & Mario Muchnik (1993).
  • El último manuscrito de Hernando Colón. Tusquets Editores (1992).
  • Sombras Paralelas. Tusquets Editores (1989) e RBA (1994).
  • La noche de los tiempos. Víctor Orenga (1987).
  • Tierra de Humo. Víctor Orenga (1986) e Anaya & Mario Muchnik (1992).
  • Campos de Marte. Fernando Torres (1985).
  • Amor burgués. Tusquets Editores (1981) e Libros e publicacións periódicas (1984).
  • Anacaona. Tusquets Editores (1980) e Círculo de Lectores (1993).

Relatos

  • El último deseo del jíbaro y otras fantasmagorías. Valdemar (2003).
  • Manzanas (Tratado de pomofilia). Taller de Mario Muchnik/Centro UNED “Francisco Tomás y Valiente” (2002).

Literatura Infantil e Xuvenil

  • La perrona. Anaya (2006).
  • Nenas e nenos de todo o mundo. Baía Edicións, 2006. Tradución de Niños de todo el mundo. Algar, Alzira (2006).
  • Os animais da cidade. Baía Edicións, 2006. Los animales en la ciudad. Algar, Alzira (2006).
  • El pintor de las neuronas (Ramón y Cajal, científico). Anaya (2006).
  • La sombra de Laura. Algar, Alzira (2005).
  • La luz del faro. San Pablo, Madrid (2005).
  • ¡Polizón a bordo! (El secreto de Colón). Anaya (2005).
  • El sueño del libro. Algar, Alzira (2004).
  • El arca y yo. Anaya, Madrid (2004).
  • La foto de Portobello. Edelvives (2004).
  • Ricardo y el dinosaurio rojo. Anaya (2003).
  • Laura y el ratón. Anaya (2000).
  • Óscar y el león de Correos. Anaya (1998).
  • La isla de las sombras perdidas. Bruño (1998).
  • Yo, Goya, primer pintor de la corte española, defensor de la libertad, grabador de sueños y caprichos. Anaya, Madrid (1992).
  • Yo, Colón, descubridor del Paraíso Terrenal, Almirante de la Mar Océana, Virrey y Gobernador de las Indias. Anaya, Madrid (1991).
  • El tigre de Tasmania. Gregal (1988).
  • La constelación del dragón. Generalitat Valenciana (1987).
  • Los sueños de Axel. Anaya (1987).