Neira Cruz, Xosé A.
Nace en Compostela en 1968. É escritor, xornalista e profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. A súa obra acadou algúns dos máis destacados premios, a nivel nacional e internacional, tanto no eido da narrativa, como da poesía e do teatro.

Cómpre salientar o Premio Merlín (nas edicións de 1988 e 2000), o Premio O Barco de Vapor (nos anos 1997 e 1999), o Premio Lazarillo, o Raíña Lupa, a inclusión na Lista de White Ravens da Biblioteca Internacional da Xuventude de Múnic (en tres ocasións), o Premio Fiz Vergara Vilariño e os premios Barriga Verde de teatro para monicreques na modalidade infantil (2008), Manuel María de Teatro para nenos (2009) e Barriga Verde de teatro para monicreques na modalidade adultos (2010), estes tres concedidos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

 Publicacións