Nace en Burgos no ano 1929 a poucos metros da casa do doutor Vicente Solórzano, pioneiro da papiroflexia moderna e creador do termo mesmo de "papiroflexia".

Aos cinco anos viu en Donostia un neno que pregaba un papel cadrado ata convertelo nunha impresionante barca con dous asentos. A partir daquela interesouse máis e máis por esta afección.

Foi o primeiro presidente da Asociación Española de Papiroflexia (1982-1993) e editor do Boletín (1986-1993). É así mesmo membro doutras asociacións papirofléxicas.

É autor de nove libros; tres deles reeditados en Nova York e outro en México; este último distribuído entre todas e todos os estudantes dun certo grao. Divulgou a afección mediante clases, programas de radio e televisión, tanto en Estados Unidos de América (Charlotte, Nova York, Miami) como en moitos países europeos e, por suposto, en España.

Aínda que inventou moitas figuras xa famosas, a súa preferencia é a investigación histórica, o debuxo de diagramas, o coleccionismo etc. Participou en numerosas convencións nacionais e internacionais, dezaoito delas en Italia.