Nado en Compostela en 1974, cursou estudos de filosofía na universidade de Compostela. Especializado na obra de Kierkegaard, traballou durante máis de tres anos nos centros de investigación consagrados ao autor dinamarqués Soren Kierkegaard Forskningscenteret de Copenhaguen e Hong-Kierkegaard Library do Sr. Olaf College, Minnesota; deste último, é desde hai anos membro correspondente para o galego e o castelán.

Publicou numerosos traballos en revistas e obras colectivas internacionais, e participa en diversos proxectos de investigación sobre a obra de Kierkegaard, tales como a obra enciclopédica Kierkegaard Research: Sources, Reception and Resources (Ashgate, Hampshire), en curso desde 2007. As súas principias liñas de investigación son a relación entre produción estética e relixiosidade, e a vinculación da obra kierkegaardiana coa tradición cómica premoderna. A este respecto, ten publicado algúns traballos sobre a relación entre Kierkegaard e o Quixote. Compaxina a súa investigación co traballo de tradución do dinamarqués.

Publicacións

  • Prólogos. Galaxia, 2008. Versión galega da obra do pseudónimo Nicolaus Notabene.
  • Forma parte do equipo de tradución das obras completas de Kierkegaard ao castelán na editorial Trotta.