Pazos Hermida, Silvia

Nace o 1 de xaneiro de 1978 en Monforte de Lemos, Lugo. Actualmente reside entre Vigo e o seu pobo, Laza (Ourense). É licenciada en Historia da Arte e Técnico Superior en Ilustración.

Algúns dos meus libros favoritos son "O Señor das Moscas", "Un Mundo Feliz", "A Historia Interminable", "100 Años de Soledad", "Yerma" ou "A Esmorga". Tamén me interesa o mundo dos debuxos animados, a literatura e a ilustración infantil. Actualmente o meu pintor preferido é Paul Klee.

Encántanme as tiras cómicas de Garfield e Darío Adanti. A Televisión, os animais, os ríos ou o mar, tamén entran na miña lista de preferencias.

Publicacións

  • A Carreira de Sacos Conto infantil. Xerais. Próxima publicación en Febreiro do 2007.
  • Amaro quería ser marinero. Incluído no libro do III Certamen Táramela 2006 de cuento infantil.
  • O conto dos silencios. Colección “Xiz de cor”. Baía Edicións, 2005.
  • Os golpes na Arca. Relato incluído no libro Os xogos de rol tamén son educativos, e catro contos máis. Premio Ourense de Contos para a mocidade 2005.
  • El brillo de los caracoles. Conto incluído no I certamen de microrrelato Ciutat D’Elx.

Correo electrónico: Silvia Pazos