Emma Pedreira (A Coruña, 1978). Licenciada en Filoloxía Hispánica é unha escritora en lingua galega. Forma parte da Plataforma de crítica feminista A Sega.

Como poeta está encadrada na Xeración dos 90 e a súa obra atinxe máis de dez títulos poéticos entre os que se atopan s/t, O libro das mentiras ou o recente Antídoto, publicado en edición bilingüe galego-castelán por Alvarellos Editora. En 2017, un poema que se inclúe neste poemario foi considerado o Mellor Poema do Mundo e galardoado co Premio de Poesía Jovellanos.

Como narradora cultiva as formas curtas, como nos libros de microrrelatos Corazón e demais tripas e Bibliópatas e fobólogos ou a novela fragmentaria Besta do seu sangue.

No ano 2018 gañou o Premio da Crítica Española no apartado de narrativa en lingua galega por Bibliópatas e fobólogos, o Premio Xerais de novela por Besta do seu sangue e o Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño por As voces ágrafas, tres dos grandes galardóns das nosas letras.

En 2019 a súa obra Os corpos invisibles gañou o Premio Jules Verne.