perezbernapedro

Nace en 1972 en Albatera (Alacante). Cursa no Conservatorio Superior de Música de Murcia estudos de frauta travesa, dirección de orquestra e coro, ampliando a faceta de dirección cos catedráticos D. José Luis López García e D. Adolfo Ramírez. Realizando cursos de perfeccionamento cos directores de orquestra Ludovic Basç e H. Rilling.

Na actualidade conclúe a súa tese de doutoramento na Facultade de Historia da Universidade de Valencia, despois de obter coa cualificación de sobresaliente o “Diploma de Estudos Avanzados”. Dirixidos polo catedrático D. Francisco Gimeno Blay, estes estudos céntranse nos mestres de capela das Catedrais españolas durante o século XVIII.

Imparte clases desde 1993 até 1997 no Conservatorio Profesional de Ponferrada. A partir de 1997 traballa para a Consellaría de Educación nos Conservatorios de Elxe, Alacante, Torrent e, nos últimos cinco anos no Conservatorio Profesional de Valencia. Imparte clase de Coro e Orquestra, ademais das materias de Conxunto Instrumental e Introdución á Dirección Coral. A partir do curso 2005-2006 imparte clase de Coro no Conservatorio Profesional de Elxe.

En 1991 funda a Coral Nosa Señora do Rosario no seu municipio natal, realizando un importante labor pedagóxico e presentando esta agrupación durante tres anos en representativos certames corais.

En 1994 funda en León a Capella Lauda, coro de cámara con sección instrumental, ofrecendo diversas montaxes para a rede de teatros de Castela-León, destacando o Te Deum de Charpentier, o Credo de Vivaldi, Réquiem de Faurè, de Mozart e de T.L. de Victoria, a ópera en versión concerto Dido e Eneas de Purcell.