Nace en Santiago de Compostela o 15 de setembro de 1982. É técnica superior en ilustración pola Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso da Coruña, cidade na que reside actualmente.

Desde sempre mostrou moito interese no mundo infantil, especialmente, na literatura e no cine para as máis pequenas e pequenos. Tamén alterna a súa carreira de ilustradora co seu grupo de música Dandy Fever co que fai música xamaicana. E a súa terceira debilidade son as viaxes, sobre todo as que fai a Escocia, onde estivo vivindo 8 meses.

Ten o título de Técnico Superior en Ilustración da Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso, A Coruña (2001-2003), un curso de Deseño Gráfico (3D Studio Max Modelado, Photoshop, Corel Draw), un módulo de Imaxe Fotográfica e diversos cursos de inglés e galego. Actualmente realiza Estudios Superiores de Deseño Gráfico na escola Pablo Picasso. Traballa, ademais de ilustradora, como deseñadora gráfica para Pull & Bear Spain.

Publicacións

  • Ilustracións para o libro infantil, Un día de treboada (inclúe DVD), de María de Mata. Contos da igualdade, 2006.
  • Ilustracións para o libro infantil, Alba de Vilalba, de Luz Soriano. Baía Edicións, 2005.
  • Deseño de cartelería para a Editorial Ediciones del Viento, 2005.
  • Ilustracións para o libro infantil El niño que dibujaba gatos Ediciones del Viento, 2004.
  • Ilustracións para o libro infantil Xiz de Cor, de Xoán Neira. Xiz de Cor, Baía Edicións, 2003.
  • Colaboración nas ilustracións do libro Guía dos liques de Galicia, de Carlos Pérez Valcárcel, Mª Carmen López Prado e Mª Eugenia López de Silanes Vázquez. Baía Edicións, 2003.

Correo electrónico: Mariana Riestra