Licenciada en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e Diploma de Estudos Avanzados (DEA) en Matemática Aplicada pola Universidade da Coruña.

Exerce de profesora de Matemáticas de Ensino Secundario.

Ten participado en numerosas actividades de formación relacionadas coas Matemáticas, e presentado varios traballos de divulgación en congresos nacionais e internacionais, como os Congresos da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación Operativa (SGAPEIO), o Congreso Internacional de Educación Matemática (ICME), o Congreso Internacional de Estatística (ICOTS), o Congreso Internacional de Estatística (ISI) ou o Congreso Internacional de Matemáticas (ICM).

Conta con varios artigos en revistas científicas e de divulgación. Participou tamén na elaboración de material didáctico para o Portal Estatístico para o mundo educativo dispoñible na páxina Web do Instituto Galego de Estatística (IGE).

Publicacións