Nace en Montevideo en 1967. Cursou estudios de Náutica e Inxeñería. Traballa no sector audiovisual desde 1988. Autor da TV movie “Voltar á casa”; desenvolveu dúas comedias de situación para televisión (“Casa Cuartel” e “Don Tomás”).

Coa súa primera novela gañou o "Premio de Literatura Fantástica Cidade da Coruña" e coa segunda foi finalista no certame de "Novela por Entregas" que organizou La Voz de Galicia. Tamén conseguiu o premio "Curuxa do humor", que convoca o Museo do Humor (Fene).

Conseguiu tamén o Premio Literario da “Curuxa do Humor” por “O Artigo”, e o Premio Casa de Andalucía de Relatos por “El duendecillo”.

É o co-creador do formato e a idea xeral da serie documental “A Memoria Cotiá”, e guionista de moitos traballos realizados en Formato, entre eles “Sons do Pórtico”, “Ortegal”, “Isidoro Zorzano”, “Bergantiños”, “Valdeorras”, “O Pobo do mar”, “Montse Grases”, “Nations in Bloom” , “Os Ancares”.

Como realizador ten realizado varias ducias de documentais e promocionais, entre eles “Comarcas de Galicia: Valdeorras”; “Todos os camiños” (documental gravado en Kenia, Filipinas, Ecuador, Eslovaquia, España e Italia); “OTRI” (premiada cun AGAPI); e a maior parte dos programas da serie “A Memoria Cotiá”, como “A familia ben, gracias”, “Memorias dun pobo labrego”, “Xóvenes dun siglo”, “A lingua”, “Xogos da infancia”, “Periodistas: ó fio da realidade”, “Unha visión lonxana”; Actualmente en proceso de produción do documental “Mundos Cativos”; e moitos outros traballos tanto para televisión como para empresas e institucións.

Foi Director de Fotografía en moitas das producións da empresa Formato, en U-Matic, Betacam SP e Betacam Dixital.

Publicacións

  • O afundimento do TiránicIV Premio Barriga Verde de textos para monicreques (modalidade infantil). Baía Edicións, 2007.
  • Tonecho de Rebordechao. Editorial Galaxia, 2007. Premio Raíña Lupa 2005; finalista no I Premio de Relato por Entregas da Voz de Galicia.
  • O Vendedor de Mazás. Editorial Espiral Maior. Gañador do Premio Cidade da Coruña de Narrativa Fantástica.
  • O Asasino Bífico. Editorial Ir Indo.