Rodríguez Piñeira, Mª Teresa

Nace o 8 de outubro de 1962 e reside na Coruña. Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación (Sección de Ciencias da Educación) pola Universidade de Santiago de Compostela (1986) e titulada especialista universitaria en Educación Infantil pola U.N.E.D. (1998). Actualmente exerce de educadora infantil.

Publicacións

  • Quero xogar! Como divertir ao tempo que estimulamos, en colaboración de Mª Teresa Mumary Ruibal. Libro destinado a nais e pais, mestras e mestres no que se recollen 150 xogos para a estimulación das nenas e nenos de 0 a 3 anos. Baía Edicións, 2003.