Rodríguez, Robustiano

Nace en Momán (Cospeito-Lugo) en 1948. Mestre desde 1969, impartiu clases no Colexio Maristas de Lugo, no CP Friol, no CP de Mundaka (Biscaia) e no CP “Mestre Rivera Casás” (San Cibrao) onde desempeñou a función de director entre 1982 e 1996. Desde 1996 exerce como profesor no IES “Marqués de Sargadelos” San Cibrao.

Foi Delegado da Xunta Provincial de Persoal pola CIG-Ensino e Concelleiro en Cervo polo BNG.

Publicacións

  • Un autobús camiño da cidade. Baía Narrativa, Baía Edicións, 2006.
  • Artigos de opinión, fundamentalmente na edición “A Mariña” d’O Progreso.
  • Participación nalgunhas publicacións locais.