Nace en decembro de 1970 en Vilagarcía de Arousa onde reside. Realizou estudios de Técnico Auxiliar en deseño gráfico. Actualmente é ilustrador e deseñador gráfico.

RuAn nace da unión profesional de Rubén Pérez y Antón Romero no ano 1993. Desde entón colaboran como ilustradores, deseñadores e humoristas gráficos para diferentes editoriais así como para empresas e diversos organismos e participan en diversas exposicións entre as que debemos destacar:

  • Exposición de comic no "Obradoiro cultural a Xunqueira". Vilagarcía de Arousa, 1995.
  • "Os que foron e os que son". Mostra colectiva de artes plásticas en Vilagarcía de Arousa, 1997.
  • "Os que foron e os que son 2". Segunda mostra colectiva de artes plásticas en Vilagarcía de Arousa, 1998.
  • IX mostra de humor social, organizada por Feco España e a Universidade de Alacante en Alacante, 2009.
  • "A liverdade é um risco", organizada por Feco Portugal e Amnistía internacional en Lisboa, 2009.
  • "Sorrisi in mostra, Festival economía Trento". En Trento, Italia. 2009.
  • "Dibuixant lo nou mil·lenni - Crida Internacional", organizado pola Coordinadora d’ONGD i aMS de Lleida, 2009.
  • Exposición online de Artistas gráficos contra el golpe en Honduras.
  • Publican online as súas tiras de humor en Blog de Paxarada y manteñen o Blog gráfico RuAn.

Publicacións

Prensa e Revistas

  • Colaboracións coa revista "Bardos" do nº 7 ao 20 e no 23, 25, 26 e 50 (do 1993 ao 2009) .
  • Na revista "Enormic Banda" nº 1 e 2 (1996 e 1997).
  • Na revista "A revista" do número 43 ao 55 (do 1996 ao 1997).
  • Revista unitaria "Da quí a...".
  • Paxaradas nº 1. Autoedición, 2007.
  • Na revista retranca a partir do nº 4 (2008, 2009...).

Ilustración

  • Ilustración e autoría de O dragón comendo. Colección Xiz de Cor. Baía Edicións, 2009.
  • Proxecto identidade. Desde o ano 2008.
  • Fichas didácticas. Editorial Gargola, 2008.
  • Adiviñas. Galaxia, 2008.
  • Por se che pasa. Galaxia, 2008.
  • Arrolos. Galaxia, 2008.
  • Coplas. Galaxia, 2008.
  • Aloumiños. Galaxia, 2008.
  • Catálogo de humor social Crisis de valores. Feco España, 2009.

Deseño Gráfico

  • Deseño de trípticos e cartelería para a "Semana da muller". Concello de Vilanova de Arousa, 1996.
  • Cartelería para "Vilanova máxica". Concello de Vilanova de Arousa, 2005.
  • Cartelería da "Festa do mexillón e berberecho". Concello de Vilanova de Arousa, 2005.
  • Cartelería "contra o maltrato ao persoal sanitario". Colexio de Enfermaría de Pontevedra, 2006.