Sáez Cazallas, Cristina

Nace na Coruña en 1964. Contos, poesía, artigos de xornal, relatos, historias para nenos e nenas que son e historias para nenos e nenas que foron.

Realizou estudios de Mestre en Lingua Estranxeira (Inglés) e Educación Musical. Ten 4 anos de Solfeo e Inglés pola Escola de Idiomas. Actualmente, exerce de Mestra de Primaria no colexio Xesús San Luís Romero de Carballo.

Gústalle escribir máis que ningunha outra cousa: contos, poesía, artigos de xornal, relatos, historias para nenos e nenas que son e historias para nenos e nenas que foron. Disfruta do mesmo xeito lendo e aprendendo en cada lectura, que a vida é moito máis do que un ve. É ditosa cando xoga coas súas fillas porque lle permiten achegarse a elas no punto e momento onde a razón non importa, onde as risas son o único que conta. Gústalle mirar o mar alí onde a vista perde o seu poder, onde o ceo acaricia a auga eternamente e gústalle estar coas persoas, falar e escoitar e intentar dar o bo que pode ter no corazón.

O seu comezo como contadora de ideas foi no ano 1993, ano no que gañou a XXVI edición do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho.

Publicacións

  • A casa máis animada do mundo. Colección Infantil-Xuvenil. Baía Edicións, 2009.
  • Moko. Meiga Moira, Baía Edicións, 2006.
  • Dous contos, un deles premiado cun accésit, publicados pola Área de Cultura do Concello de Curtis nos anos 2004 e 2005.
  • Libros de texto para as áreas de Lingua Galega e Coñecemento do Medio, incluídas todas as lecturas das unidades dos libros de Lingua para a editorial Everest Galicia.

Correo electrónico: Cristina Sáez